Marta Verde é unha artista visual e docente que utiliza o código como ferramenta creativa. Nas súa quedada falaranos de interactividade, aleatoriedade e chiribitas en tempo real.
André Maneiro traballa en Automattic como desenvolvedor de Gutenberg e WordPress. Nesta charla falaranos como é o seu día a día traballando nun proxecto tan grande e con tanto impacto.
Inés San Luís falounos de todo o que pasa por detrás á hora de veres un contido de vídeo nunha plataforma de streaming.
Óscar Otero falou sobre as vantaxes de creares sitios estáticos e como facelo con Lume, o xerador de sitios estáticos para Deno creado por el.